Rúa Francisco Catoira, 3 - 2º (A Coruña)
gandy@mundo-r.com
981234780 · 609437087
Dirección artística: Gandy (Francisco Gómez)
Bohemios Ferrol

Agrupación Artística Ferrolá BOHEMIOS

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

Bohemios nace en Ferrol en xaneiro de 1988 como resposta á iniciativa dun grupo de amigos amantes das vellas tradicións do seu pobo, co afán de realizar labores de investigación e rescate no ámbito do folclore ferrolán e da música en xeral.

Co paso do tempo, a proxección musical do colectivo traspasou as fronteiras ferrolás, coñecéndoselle dentro e fóra do territorio nacional grazas ao rigoroso traballo desenvolvido ao longo do seu xa dilatada traxectoria.

Na actualidade, a agrupación está formada por 40 músicos, vinte e cinco voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos, e catorce instrumentos de corda: guitarras, requinta, guitarra baixa, laúdes, bandurrias, mandolinas, teclado. Compoñentes de diferente procedencia social, idade, ideoloxía ou profesión, circunstancias que propician a convivencia actual de varias xeracións.

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

A Agrupación, comeza a súa actividade musical en 1988, facendo o seu debut como Rondalla o 18 de Marzo de 1989 na Noite das Pebidas, día grande en Ferrol dedicado a homenaxear á muller ferrolá e en abril do mesmo ano, despois da boa acollida que o público lles depara, é cando os compoñentes do grupo deciden definitivamente, constituírse formalmente como Agrupación Artística Ferrolá "BOHEMIOS".

Transcorreron xa máis de 25 anos desde que ese grupo de amigos de Ferrol, decidise formalizarse como agrupación e iniciase un labor musical ininterrompido, ata a actualidade. Non só abordaron os distintos xéneros que compoñen o variado repertorio folclórico ferrolán senón que, paralelamente, dedicáronse a difundir o rico cancioneiro galego, ademais da música.

Tal foi o impacto da traxectoria da Agrupación Artística BOHEMIOS, que se converteron nun obrigado punto de referencia para a música tradicional da Festa das “Pebidas”, levándoa máis aló do ámbito ferrolán.

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

As distincións, premios e recoñecementos acumulados neste tempo son numerosos:

  • Artistas con mención especial na FESTA ESPAÑOLA – Club Metropole de Las Palmas de Gran Canaria
  • LLagarón de Pascua – Asociación da Prensa de Avilés
  • Faba de Prata – Asociación da Prensa de Avilés
  • Primeiro Premio no II Certame Internacional de Rondallas e Corais de Ourense, patrocinado pola Deputación Provincial e Consellería de Cultura e Comunicación da Xunta de Galicia.
  • Finalista no Premio…………….. de Segovia

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

E entre as súas actuacións máis destacadas, podemos sinalar:

  • Atopo Corais de Habaneras da Coruña, do IX ao XXVI
  • Atopo Corais de Habaneras de Avilés, V, VII, X e
  • Centros Galegos: Xixón, Madrid, Barcelona, Canarias, etc.
  • Feiras Internacionais: Vigo, Silleda, Maceda (Ourense), FITUR (2000)
  • Festival de Habaneiras Ponferrada
  • Trovada de Habaneras de Mayorga (Valladolid)
  • R.T.V.G. (Varios programas)
  • XV Ciclo Coral Internacional de Polanco en Santander
  • O Porto, Portugal
  • Segovia

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

Cuenta en su haber, con múltiples hermanamientos e intercambios, con entidades, como:

  • Coro del Centro de la Habana de Avilés.
  • Solera Berciana de Ponferrada.
  • Agrupación Sta. Maria de Solbey, Cantabria (Laredo).
  • Agrupación Folklórica Santa Cecilia de Huesca.
  • Agrupación Folklórica Tres Parral de Burgos.
  • Coral Polifónica del Centro Asturiano de Avilés.

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

En canto á súa discografía pódense citar os seguintes traballos:

  • Bohemios 1989
  • Bohemios Vol. II 1991
  • Noite das Pepitas
  • Bohemios Vol. III 1995
  • Carumas 1999
  • DVD Música en el alma. Ferrol por las venas
  • VIAJE MUSICAL (CD) 2009
  • Siempre en mi Corazón 2018

Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios Agrupación Artística Ferrolá Bohemios

Os BOHEMIOS continúan hoxe mirando ao futuro tendo como proxecto máis inmediato, ademais das actuacións comprometidas, o proceso de preparación do que será o seu novo traballo discográfico.

O director é o músico José Miguel Calabuig Juan e o seu Presidente Carlos López Pedreira.